Contador intelixente

Mostrámosche os diferentes tipos de contadores e as súas vantaxes.

Que é un contador intelixente?

O contador con telexestión que Begasa instalou en todas as subministracións de ata 15 kW permite recoller a lectura do consumo eléctrico e realizar determinadas operacións, todo de forma remota.

O contador dixital automatiza a maior parte das xestións que se realizan sobre a subministración, permite a súa execución remota e transmite información detallada deste: perfil de consumo, potencia máxima, notificación de incidencias, etc.

  • Medida de consumo horario ata en 6 períodos.
  • Rexistro de enerxía consumida e vertida á rede en cada período, de enerxía reactiva e potencias máximas demandadas con data.
  • Capacidade de almacenar consumos horarios ata de tres meses.
  • Interruptor de control de potencia integrado.
  • Capacidade de executar ordes e operacións remotas de forma áxil e segura.
  • Acceso protexido con mecanismos de seguridade e fiabilidade.
     

Que beneficios ten un contador intelixente?

Información actualizada

Dende a pantalla do teu contador electrónico, e en calquera momento, poderás acceder á información relativa ao teu consumo eléctrico.

Mellor xestión do contrato

O sistema permite, de forma áxil e eficaz, realizar as modificacións do contrato que tes subscrito coa túa comercialiadora de enerxía.

Tecnoloxía avanzada

O contador electrónico é capaz de comunicarse con outros dispositivos do fogar sendo a porta de acceso dun fogar intelixente.

Estes contadores cumpren co Regulamento unificado de puntos de medida (RD 1110/2007, do 24 de agosto) e cos requirimentos metrolóxicos definidos na Orde ITC 3022/2007, do 10 de outubro.

Se te quedaste sen luz, o máis probable é que excedese a potencia de tu contrato. Para restablece-lo servicio deberás segui-los pasos indicados a seguir:

  1. Desconectar algún electrodoméstico.
  2. Baixar o interruptor xeral.
  3. Esperar 15 segundos.
  4. Subir de novo o interruptor e restablecerase o servizo.