Dámosche a benvida a Begasa!
A distribuidora eléctrica que coida a calidade da subministración.
O proceso de rexistro é un requisito indispensable para calquera empresa que desexe converterse en provedora ou para presentarse a procesos de cualificación/homologación establecidos pola compañía.
A continuación pódense descargar unha serie de documentos en formato pdf:
A publicación destes documentos realízase a título exclusivamente informativo reservando Begasa a facultade de modificar o seu contido en calquera momento.
Condicións de contratación de obras e servizos por EDP España
Condicións de contratación de obras e servizos por EDP España (Inglés)
Viesgo dispón dun sistema de xestión da facturación emitida polos provedores vía Internet, denominado Interprisa, que simplifica e axiliza a tramitación.
Para máis información: interprisa@viesgo.com
Viesgo implantou unha nova plataforma electrónica de xestión de información de provedores (mygosupply.com). O obxectivo desta plataforma é mellorar e axilizar a xestión da información dos nosos provedores, así como a xestión dos riscos asociados á nosa cadea de subministración.