Un desenvolvemento sostible é posible


Desenvolvemento sostible é o desenvolvemento que asegura as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para enfrontarse ás súas propias necesidades.

A actividade de distribución de electricidade leva asociados diferentes aspectos ambientais que producen impactos ambientais en maior ou menor medida. Estes impactos están asociados coas emisións derivadas da actividade, o uso que se realiza dos recursos e os residuos que se producen, a localización das actividades e afeccións sobre os hábitats e biodiversidade, entre outros.

Para o seu control, dispomos dun Sistema de Xestión Ambiental (SGA) certificado de acordo coa norma internacional de referencia ISO 14001:2015.

A través deste SGA garántese a correcta identificación de todos os aspectos ambientais da actividade, tanto directos como indirectos, así como dos impactos derivados.

  • Construción de novas infraestruturas: En todos os procesos de deseño de novos proxectos, e vinculado ao preceptivo estudo de impacto ambiental, recollemos e integramos todas as medidas preventivas e correctivas precisas para evitar ou minimizar o impacto ambiental asociado ao mesmo.
  • Emisións: Porque sabemos que a nosa atmosfera é única e imprescindible para manter o equilibrio no noso planeta, por iso controlamos as nosas emisións como parte do noso compromiso ambiental.
  • Residuos: Dispoñemos da infraestrutura e os procedementos precisos para realizar unha adecuada segregación e xestión de todos os residuos que se producen nas nosas actividades.
  • Biodiversidade: Investimos constantemente nas nosas liñas para minimizar o impacto na avifauna e realizamos as actividades de mantemento das nosas infraestruturas controlando o potencial impacto á biodiversidade.
 

En maior ou menor grao, todas as actividades humanas ocasionan un impacto ao medio ambiente da contorna. As empresas socialmente responsables teñen a obriga de reducir este impacto ao mínimo valor posible, compatibilizando as actividades empresariais co respecto ao medio ambiente.

Neste campo estanse tomando as seguintes accións:

  • No proceso de deseño dun novo proxecto e vinculado ao preceptivo estudo de impacto ambiental, realízanse todas as análises ambientais requiridas, incluíndo modelizacións e estudos específicos de afección a un hábitat ou especie natural, se fora preciso. En base a estes estudos, o proxecto recolle e integra as medidas preventidas e correctivas precisas para evitar ou minimizar o impacto ambiental asociado ao mesmo.
  • O seguimento ambiental das obras articúlase a través de plans de vixilancia nos que se controla a aplicación de todas as medidas preventivas e correctivas precisas.
  • A auditoría das prácticas de operación e do estado das instalacións, tomando as oportunas accións para mellorar ou correxir situacións non desexadas.
  • A asignación dos recursos precisos para velar polo respecto do medio ambiente, o cumprimento das disposicións legais e a adopción das medidas correctoras e inversións precisas.
  • A formación e sensibilización dos empregados a fin de conseguir que esta actitude de respecto se estenda por todos os niveis da organización.
 

Na actividade de distribución non se xeran emisións atmosféricas relevantes, dado que non hai procesos de combustión. Indentifícanse así as emisións puntuais en sistemas auxiliares, como son os grupos electróxenos, cuxo funcionamento se limita a situacións de emerxencia ante falta de subministración para sistemas esenciais.

Outras emisións serán as derivadas do parque móbil da empresa, aínda que se está procedendo á substitución deste por vehículos eléctricos.

Desde o punto de vista das emisións de gases de efecto invernadoiro destacan as fugas de SF6, gas refrixerante utilizado en interruptores e outros equipos eléctricos, estando en marcha un plan de substitución por interruptores de baleiro para media tensión tanto para interior como para intemperie.

En materia de ruído, realízanse campañas voluntarias de control periódico co obxectivo de minimizar a afección das nosas actividades na contorna que nos rodea. Para atenuar estes impactos tomáronse algunhas accións como:

  • Modelización do ruído ambiental en presencia de receptores vulnerables.           
  • Insonorización directa de fontes de ruído significativas.             
  • Instalación de pantallas e outras medidas de insonorización indirecta.             
 

A xestión de residuos baséase nos conceptos normativos de "prevención de residuos" e "preparación para a reutilización" descritos na Directiva Marco Europea e na estratexia das 3 "erres": Reducir, Reutilizar e Reciclar.

  • Reducir: Evitar xerar residuos e reducir a demanda de materias primas, auga e enerxía, como vía indirecta de minimización da produción de residuos.
  • Reutilizar: Ampliar a vida útil dos produtos e facilitar usos posteriores sen necesidade de tratamentos ou procesos complexos.
  • Reciclar: Utilizar os residuos para elaborar novos produtos ou usos diferentes aos inicialmente definidos, utilizar materiais usados para novos procesos.

Así, dispoñemos de plans de minimización de residuos perigosos e non perigosos nos que se desenvolven accións de redución en orixe de residuos, reutilización, reciclado e valorización destes, dando prioridade a estas ferramentas sobre outras técnicas de xestión.

Do mesmo modo, establecéronse convenios de colaboración con diferentes Sistemas Integrados de Xestión (SIG) que garanten o tratamento máis adecuado dos residuos, fomentando a súa valorización.

 

No caso das actividades de distribución, identifícase como principal impacto sobre a diodiversidade o mantemento das rúas das liñas.

A este respecto débese destacar que a evitación ou minimización de riscos de incendios en liñas eléctricas existentes implica a necesidade de realizar tarefas periódicas de limpeza das rúas, o que supón a corta de arbolado baixo a liña. O obxecto último destas actuacións é garantir en todo momento o servizo e minimizar os riscos de incendio producidos por contacto.

Para minimizar estes impactos, os traballos de mantemento de rúas planifícanse tendo en conta os hábitats presentes, reflectidos na información xeorreferenciada da actividade, á vez que se realiza unha vixilancia ambiental dos traballos.

Outro aspecto relevante é a avifauna, debido ao risco que existe de electrocución e colisión nas liñas eléctricas aéreas.

Para o seu control deséñanse as liñas mantendo as distancias de seguridade esixibles, instálanse sistemas salvapaxaros e realízase un seguimento de incidencias, non existindo episodios relevantes con especies protexidas.

 

A estratexia en sostibilide espállase en diferentes compromisos cos nosos grupos de interese aos que lles afecta de forma directa ou indirecta a nosa actividade e, da mesma forma, eles poden influir no noso desenvolvemento.

De ahí a importancia de manter un diálogo fluido con eles que permita coñecer as súas expectativas e demandas para integralas na estratexia empresarial.

  • Os nosos clientes: Realizamos periodicamente enquisas de satisfacción para mellorar a partir da opinión dos nosos clientes. Habilitamos todas as canles dispoñibles para prestarlles o mellor servizo e dar unha resposta áxil, sinxela e eficaz ás súas expectativas.
  • Os nosos empregados: Sabemos que o éxito dunha organización reside nas persoas, por iso todos os membros do equipo humano que forman parte están involucrados cos obxectivos da compañía. Cumprimos coas expectativas dos nosos accionistas, eles apoian o que facemos e bríndannos os medios para poder seguir traballando para lograr un mellor futuro.
  • Os nosos provedores: Os nosos provedores e empresas colaboradoras realizan un papel primordial e a súa axuda énos totalmente necesaria. Por iso traballamos conxuntamente en equipo, buscando solucións e mellores formas de facer as cousas.
  • Administración e organismos reguladores: Colaboramos continuamente coa administración e os organismos reguladores, cuxas decisións afectan de xeito directo á estratexia do grupo ao tratarse a subministración enerxética dun servizo básico e regulado.
  • Sociedade: A sociedade, tanto de forma xeral como especificamente nas comunidades locais nas que estamos presentes, é considerada como un grupo de interese moi relevante para a compañía. Por este motivo existen diferentes iniciativas de escoita da comunidade local, espallándose plans de acción como resposta ás súas expectativas.

Deste xeito poñemos continuamente a disposición dos nosos clientes produtos e servizos innovadores orientados ao aforro de consumo de enerxía e recursos que fomentan a seguridade das instalacións e a promoción das enerxías renovables.

Para iso, a actividade de distribución eléctrica mergullouse de cheo nun proceso de transformación dixital.

Grazas a esta dixitalización conseguíronse, entre outros, os seguintes beneficios:

Mellora innovación Mellora na xestión de activos, reducindo o risco de incidentes e mellorando a seguridade.
Redución innovación Redución nos tempos de localización de incidencias e, polo tanto, de resolución de avarías.
Enerxía limpa Preparación da rede para a entrada de novos actores, como son as instalacións de autoconsumo e o vehículo eléctrico.
Mellora información Mellora da información relativa a consumos aos clientes, o que lles permite xestionar o aforro.

  • Memoria de sostibilidade 2023Archivo PDF (39.75 MB)

  • Sustainability Report 2023Archivo PDF (37.41 MB)

  • PDF
    Memoria de sostibilidade 2022Archivo PDF (19763,2 kB)

    Descargar

  • PDF
    Sustainability Report 2022Archivo PDF (20183 kB)

    Descargar

  • PDF
    Memoria de sostibilidade 2021Archivo PDF (12728,3 kB)

    Descargar

  • PDF
    Sustainability Report 2021Archivo PDF (9482.24 kB)

    Descargar

  • PDF
    Certificado do Sistema de Xestión Ambiental (ISO 14001)Archivo PDF (598,94 kB)

    Descargar

 

  • PDF
    Política ambientalArchivo PDF (1566,72 kB)

    Descargar

 

  • PDF
    Informe de desempeño ambiental 2023Archivo PDF (164,97 kB)

    Descargar

 

  • PDF
    BEGASA- Informe auditoría + Cuentas anuales + Informe gestión 2023Archivo PDF (1.22 MB)

    Descargar

  • PDF
    ESG Report 2023Archivo PDF (758.89 kB)

    Descargar

 
Contador inteligente
Contador intelixente

Mostrarémosche todas as vantaxes de ter un sistema de telexestión e o seu funcionamento.

Conoce más conoce mas