Volver atrás Volver atrás

A


  • Acometida: Ramal da instalación eléctrica que conecta a rede de distribución da empresa e a Caixa Xeral de Protección (CGP).
  • Acometida en baixa tensión: Ramal da instalación eléctrica que conecta a rede de distribución da empresa e a caixa xeral de protección para subministracións en baixa tensión.
  • Alugueiro do equipo de medida: Cota mensual que se debe pagar á empresa distribuidora no caso de que o contador sexa da súa propiedade. Esta cota determínase anualmente a través dunha orde ministerial.
  • Alta do contrato: Actuacións requiridas para que a contratación dunha subministración sexa efectiva.

B


  • Baixa tensión: Subministración con tensión inferior a 1.000 V.
  • Baixa do contrato: Rescisión do contrato que vincula a empresa e o cliente para unha subministración concreta.

C


  • Caixa Xeral de Protección (CGP): Caixa na que están os elementos de protección da liña repartidora. Coincide co inicio da propiedade das instalacións eléctricas dos clientes.
  • Carga total dun edificio: Total resultante de sumar as cargas eléctricas correspondentes ás vivendas, aos servizos do edificio e dos locais comerciais.
  • Carga total dos servizos xerais: Total resultante de sumar as cargas correspondentes aos ascensores, a iluminación das escaleiras e os servizos comúns dun edificio.
  • Centro de transformación: Instalación provista dun ou varios transformadores redutores de alta a baixa tensión, coa aparamenta eléctrica e obras complementarias precisas.
  • Cliente cualificado: Tipo de consumidor que cumpre os requisitos legais vixentes no momento para acceder a comprar a enerxía no mercado liberalizado de produción, pagando unha tarifa ao distribuidor pola utilización das súas redes para transportar dita enerxía ata o punto final de consumo.
  • Complemento por discriminación horaria: Recarga ou desconto que se aplica sobre o termo de enerxía a unha subministración, unha tarifa contratada determinada, en función da hora do día en que realiza os seus consumos.
  • Complemento tarifario: Recargas ou descontos asociados ao tipo de tarifa escollida polo cliente e ás características do seu equipo de medida.
  • Consumo: Número de quilowatts/hora utilizados para que funcione un aparello eléctrico durante un tempo. Depende da potencia do aparello e do tempo que estea funcionando.
  • Consumos (estimación de): Cálculo realizado en función do historial de consumo do mesmo período do ano anterior, se o houbese, que se atribúe a unha subministración, nun período de tempo determinado, cando non se coñece o consumo real para a súa facturación.
  • Contador: Instrumento que mide a enerxía consumida. Pode ser propiedade do cliente ou da empresa subministradora. Mide os consumos en kWh.
  • Contrato a tarifa: É aquel contrato de subministración con prezo fixado polo Goberno a tarifas eléctricas.

D


  • Dereitos de contratación: Importe que a empresa subministradora ten dereito a percibir, en función da lexislación vixente, cando se contrata unha subministración de enerxía eléctrica.
  • Dereitos de enganche: Importe que ten dereito a empresa subministradora a percibir pola conexión das súas instalacións coas do cliente, así como pola conexión ou desconexión do equipo de medida.
  • Dereitos de verificación: Importe que ten dereito a percibir a empresa en concepto de verificación da instalación particular do cliente.
  • Discriminación horaria: Separación mediante os contadores adecuados dos consumos de enerxía en períodos ou espazo de tempo previamente establecidos (horas punta, val, chan, días pico ao ano, días altos ao ano, etc.).
  • Dobre barra: Tipo de subestación que consta de dúas barras e na que os circuítos poden conectarse a cada unha delas.

E


  • Enganche: Conexión dunha instalación á rede a través da acometida.
  • Equipo de control: Disposición que ten por misión controlar a potencia (ICP) ou medir a potencia demandada (maxímetro).
  • Estimación: Consumos que se atribúen a unha subministración, nun período de tempo considerado, se non se coñecen os seus consumos reais para a súa facturación. Calcúlase en función dos históricos de consumos do mesmo período do ano anterior, se os houbese.

F


  • Facturación: Operacións a través das cales a empresa eléctrica calcula e especifica as cantidades debidas polo cliente polos consumos de enerxía realizados nun tempo determinado e por outros conceptos derivados das características da súa subministración.
  • Facturación básica: É a suma dos termos de potencia e enerxía.

I


  • ICP: Siglas correspondentes ao interruptor de control de potencia, aparello eléctrico que permite limitar a potencia máxima que se pode empregar nunha subministración.
  • IGA: Sigla correspondente a Interruptor Xeral Automático. Aparello eléctrico que funciona como interruptor de protección xeral de todos os circuítos dunha subministración.
  • Instalación (posta en servizo): Alta da conexión de instalación á rede.
  • Instalación eléctrica: Conxunto de aparellos e circuítos asociados, en previsión dun fin particular: produción, conversión, transformación, transmisión, distribución ou utilización da enerxía eléctrica.

K


  • Quilowatt: Unidade de potencia que equivale a mil watts (kW).
  • Quilowatt hora: Unidade de enerxía eléctrica utilizada para medir o consumo de enerxía (kWh).

L


  • Local de centralización de contadores: Espazo acondicionado de acordo coa normativa utilizado para aloxar os contadores dun mesmo edificio.

M


  • Modelo de rede de referencia: Ferramenta de cálculo dunha rede de distribución de enerxía eléctrica que, baseándose en criterios técnicos de planificación, detalla os seus custos de inversión, mantemento e operación dende os niveis de tensión da rede de transporte ata os clientes finais.

P


  • Petición de subministración: Solicitude realizada á empresa eléctrica por parte do cliente para obter subministración de enerxía eléctrica ou modificar a existente.
  • Petición de subministración definitiva: Petición que solicita subministración de enerxía eléctrica sen determinar o tempo de duración da subministración.
  • Potencia: Capacidade dos aparellos eléctricos para producir traballo (a cantidade de traballo realizado na unidade de tempo). A unidade de medida é o watt (W) ou o quilowatt (kW).
  • Potencia contratada: Vén determinada na póliza.
  • Potencia demandada: Aquela alcanzada por unha subministración durante un período determinado.
  • Potencia de facturación: É o número de quilowatts facturados.
  • Potencia instalada: Suma das potencias nominais dos aparellos de consumo dun cliente.
  • Potencia máxima: Valor da maior das potencias demandadas durante un período no punto de entrega da subministración. Denomínase tamén potencia de punta.
  • Potencia nominal: Potencia máxima que demanda un receptor en condicións normais de uso. Consta na placa de características do aparello.
  • Potencia reactiva: Potencia absorbida por un receptor e que non produce traballo útil.
  • Prezo do termo de potencia: Valor facturado por unidade de potencia (kW) para un período determinado.
  • Punto de medida: Local do predio en que se atopan un ou varios aparellos de medida.

R


  • Recibo: Impreso normalizado no que se detalla a facturación de enerxía eléctrica.
  • Rede aérea de baixa tensión: Conxunto de liñas aéreas para a distribución de enerxía eléctrica con tensións inferiores a 1 kW.
  • Rede aérea de media tensión: Conxunto de liñas aéreas para a distribución de enerxía eléctrica con tensións comprendidas entre 1 kW e 36 kW.
  • Rede de alta tensión: Conxunto de liñas aéreas para a distribución de enerxía eléctrica con tensións comprendidas entre 220 kW e 50 kW.
  • Rede subterránea de baixa tensión: Conxunto de liñas subterráneas para a distribución de enerxía eléctrica con tensións inferiores a 1 kW.
  • Rede subterránea de media tensión: Conxunto de liñas subterráneas para a distribución de enerxía eléctrica con tensións comprendidas entre 1 kW e 36 kW.

S


  • Simple barra: Tipo de subestación na que todos os circuítos están directamente conectados a unha soa barra.
  • Sistema de protección: Dispositivo que protexe fronte aos efectos das sobreintensidades e sobretensións que, por distintas causas, poden producirse nas redes.
  • Sobrecarga: Prodúcese se a suma da potencia dos aparellos que están conectados a un circuíto é superior á potencia para a cal está deseñado o circuíto da instalación.
  • Subestacións: Conxunto de aparamenta eléctrica e edificios precisos para transformar a tensión e conectar dous ou máis circuítos.
  • Subministración de baixa tensión: Aquela cuxa tensión nominal de alimentación é inferior ou igual a 1000 W.

T


  • Tarifa: Regularización das cantidades que un cliente ten que pagar polo uso da electricidade.
  • Tarifa (dobre): Aquela que comporta dous prezos diferentes segundo as horas do día. Exemplo: Tarifa 2.0 N.
  • Tarifa de acceso: É o valor das peaxes correspondentes ao uso das redes de distribución e transporte. Estas peaxes están reguladas polo Goberno.
  • Tarifa básica: Tarifa de enerxía eléctrica composta dos termos de facturación de potencia e enerxía.
  • Tarifa integral: Importe que se debe pagar polo consumo dun kWh que inclúe tanto o custo de produción da enerxía como o do transporte e distribución desta ata o cliente final.
  • Telexestión: Sistema baseado na instalación de contadores intelixentes que mediante comunicación PLC permite o acceso remoto ao contador para a recollida de lecturas, modificación dos parámetros do contrato, xestión da demanda e xestión da rede de baixa tensión.
  • Termo de enerxía: É o produto de multiplicar a enerxía consumida durante un período de facturación polo prezo do termo de enerxía.
  • Termo de potencia: É o resultado de multiplicar a potencia que se vai facturar polo prezo do termo de potencia.
  • TIEPI: Número de horas de interrupción da subministración do total da potencia instalada que equivale ao sumatorio ponderado dos tempos reais de interrupción da subministración das potencias parciais correspondentes.
  • Titular de pago: Persoa ou empresa que asume o pago das facturas de enerxía eléctrica. Pode ser o mesmo ou non que o titular do contrato.

Z


  • Zona rural: Conxunto de núcleos dunha provincia cun número de subministracións inferior a 2.000.
  • Zona semiurbana: Conxunto de núcleos dunha provincia cun número de subministracións entre 2.000 e 20.000, excluíndo capitais de provincia.
  • Zona urbana: Conxunto de núcleos dunha provincia con máis de 20.000 subministracións, incluíndo capitais de provincia aínda que non cheguen a esta cifra.