Campaña de actualización e substitución de contador eléctrico
Mostrámosche todas as vantaxes de ter un sistema de telegestión.
A campaña de actualización e cambio de contadores eléctricos reflicte a nosa aposta pola dixitalización para ofrecer servizos avanzados de xestión da enerxía e impulsando a transición enerxética.
O obxectivo desta medida é proporcionarche e actualizarche un maior detalle e posibilidade de control dos hábitos de consumo, o que permitirá un uso máis eficiente da enerxía eléctrica, así como unha xestión máis efectiva da rede.
É por iso que todos aqueles equipos de medida conectados á rede de baixa tensión serán substituídos por un novo sen que este cambio supoña un custo adicional.
VANTAXES
- Optimizar a túa factura de consumo eléctrico.
- Estar preparados para xestionar o teu consumo de luz cada 15 minutos.
- Información en tempo real da túa instalación eléctrica (ej: potencia instantánea).
Porque os contadores electrónicos de primeira xeración alcanzaron o final da súa vida útil. Serán substituídos progresivamente cos novos contadores de segunda xeración, capaces de ofrecer novas funcionalidades e servizos para unha xestión máis consciente do consumo de enerxía.
Unha das nosas empresas colaboradores realizará a instalación. Enviarémosche unha carta antes do momento de substitución.
Non. A instalación do novo contador é totalmente gratuíta. NON tes que abonar importe algún ao operario autorizado que realice o cambio do seu contador.
Non. O prezo do alugueiro vén establecido pola regulación e non cambia por esta actualización (Orde IET/1491/2013).
Non. Este cambio non afecta os elementos do teu contrato como a potencia ou tarifa que tes contratada.
O cambio realizarase na data indicada na comunicación que recibirás.
En xeral non é necesario que esteas presente durante o cambio de contador, se o contador non esta accesible, se necesitaremos que nos facilites o acceso.
Deixarémosche un aviso e terás que contactar connosco.
Si. A substitución realízase co fin de cumprir coa normativa vixente, asegurando que todos os equipos estean actualizados conforme á lexislación. É obrigatorio cambialo antes dos 15 anos da súa instalación, segundo a Orde ICT 155/2020.
Todos os equipos instalados incorporan as últimas tecnoloxías, os contadores teñen uns estándares metrológicos validados e certificados por organismos autorizados utilizando o estándar de comunicacións Prime 1.4.
No caso de que os equipos para substituír sexan propiedade de cliente, tamén hai necesidade do seu cambio e existe a posibilidade de realizalo alugando o novo equipo á distribuidora, adquiríndoo en propiedade ou alugándoo a terceiros. No caso de que o cliente non manifeste a súa vontade de instalar pola súa conta un equipo que cumpra coas novas características, a substitución será realizada pola distribuidora en réxime de alugueiro conforme prevé o art. 14.5 do Regulamento Unificado de Puntos de Medida.
O contador rexistra o consumo cada 15 minutos e incorpora un dispositivo de control da potencia eléctrica utilizada evitando sobrecargas. Para ter datos e ver a túa potencia demandada podes consultalo desde a área privada (ligazón ao login: Ola!: Begasa)